Deputación Provincial de Ourense

Ourense Black 2026

A noite máis escura

Festival de novela negra

26 · 27 · 28NOVEMBRO 2026

Centro Cultural Marcos Valcárcel · Entrada libre ata completar aforo

Pinga de sangue, ilustración do cartel de Ourense Black 2026

O festival

Achegar a creación contemporánea ao público e situar Ourense na conversa literaria.

Ourense Black nace como un festival literario especializado en novela negra e xéneros afíns. Promovido pola Deputación Provincial de Ourense e dirixido e producido por Analogías Gestión Cultural, reúne autores, xornalistas e comunicadores nun programa concentrado.

As sesións combinan conversas guiadas, participación do público e sinatura de libros, cunha programación que aborda o crime desde perspectivas literarias, xornalísticas, sociais e audiovisuais.

3
Días
5
Conversas
7
Autores

Autores e participantes

As voces da noite

Sete voces da novela negra, o xornalismo e o audiovisual.

Black

Sete autores, xornalistas e comunicadores. Tres días en Ourense.

Arantza Portabales
Xoves 26 · 17:30
Arantza Portabales
Asesinato en el Molino del Cura
Manuel Ríos San Martín
Xoves 26 · 18:30
Manuel Ríos San Martín
La huella del mal · No te fíes de ellos
Manel Loureiro
Xoves 26 · 18:30
Manel Loureiro
Apocalipsis Z · Antes de que todo cambie
Mabel Lozano
Venres 27 · 17:30
Mabel Lozano
Ava
Reyes Vargas
Venres 27 · 17:30
Reyes Vargas
La herida invisible
Luis García-Rey
Venres 27 · 18:30
Sábado 28 · 12:00
Luis García-Rey
Chantaje
Nieves Herrero
Sábado 28 · 12:00
Nieves Herrero
La prometida

Quen é quen

Os autores de Ourense Black 2026

Arantza Portabales

Escritora (Donostia-San Sebastián, 1973), licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou no ámbito do microrrelato, con premios como o de Narración Breve da UNED ou o Manuel Murguía, e en 2015 publicou a súa primeira novela, Sobreviviendo, galardoada por La Voz de Galicia. Con Belleza roja (Premio Frei Martín Sarmiento) iniciou a serie protagonizada polos policías Abad e Barroso, e con Asesinato en la Casa Rosa deu comezo a Os crimes de Loeiro, que continúa en Asesinato en el Molino del Cura (Lumen, 2026). A Xunta de Galicia distinguiuna en 2024 como a autora máis lida nos clubs de lectura.

Xoves 26 · 17:30 · «A xeografía do segredo» →

Manuel Ríos San Martín

Escritor, guionista e director (1965), licenciado en Ciencias da Información. Produciu, dirixiu ou escribiu series como Médico de familia, Compañeros, Sin identidad ou Operación Barrio Inglés, e dirixiu dúas longametraxes, No te fallaré e La huella del mal, adaptación do seu propio thriller, que superou os cinco millóns de espectadores. É autor dos supervendas Círculos, La huella del mal, Donde haya tinieblas e El olor del miedo, tamén en proceso de adaptación audiovisual. A súa última novela é No te fíes de ellos.

Xoves 26 · 18:30 · «Do papel á pantalla» →

Manel Loureiro

Escritor, avogado e presentador (Pontevedra, 1975), colaborador habitual en prensa, radio e televisión. Apocalipsis Z. El principio del fin naceu como un blog con máis dun millón e medio de lectores e acabou convertido en novela, en supervendas e en película; a súa segunda entrega na pantalla, Un nuevo mundo, estréase en Prime Video o 30 de outubro de 2026. É un dos poucos autores españois que entrou nas listas de máis vendidos dos Estados Unidos. Gañou o Premio Fernando Lara 2024 con Cuando la tormenta pase; Antes de que todo cambie é a súa novela máis recente.

Xoves 26 · 18:30 · «Do papel á pantalla» →

Mabel Lozano

Produtora, guionista e directora de cinema cun firme compromiso social, é unha das voces de referencia en España sobre trata e explotación sexual. O seu primeiro libro, El proxeneta (Alrevés, 2017), recibiu o Premio Rodolfo Walsh da Semana Negra de Xixón e está a rodarse como serie; pornoXplotación, escrito xunto con Pablo J. Conellie, foi adaptado por ela mesma para TVE. Como cineasta gañou dous Premios Goya (2021 e 2024) e recibiu a Cruz ao Mérito da Policía Nacional, o Premio Avanzadoras de Oxfam Intermón e a Medalla de Ouro de Castela-A Mancha. En Ourense presenta Ava.

Venres 27 · 17:30 · «As sombras do crime organizado» →

Reyes Vargas

Escritora, doutora en Dereito e neurocriminóloga. Nada en Sevilla e criada en Villanueva de San Juan, na Serra Sur, licenciouse e doutorouse en Dereito na capital andaluza, exerceu durante anos como avogada defensora e traballou posteriormente no sector financeiro; en 2022 completou o Máster en Neurocriminoloxía da Universidade de Valencia. Esa dobre mirada, xurídica e criminolóxica, atravesa as súas novelas: Hijas olvidadas (2022), Los gritos de las gaviotas, Feria de sombras e La herida invisible, a investigación da inspectora Jara Vega que arranca cun cadáver no anfiteatro de Itálica. Vive en Málaga.

Venres 27 · 17:30 · «As sombras do crime organizado» →

Luis García-Rey

Xornalista e escritor (Vigo, 1981). Desenvolveu a súa carreira na televisión deportiva: máis dunha década á fronte da edición de fin de semana de Deportes Cuatro e, posteriormente, de El Desmarque en Telecinco; polas noites, a súa voz escoítase en El Partidazo da COPE. Dirixe o Máster de Xornalismo Deportivo da Universidade Villanueva. Debutou na novela con Axel (2023), gañou o Premio Primavera de Novela 2024 con Loor e pecha con Chantaje a triloxía dos policías Axel Nash e Loor.

Venres 27 · 18:30 · «O oficio de contar o crime» →

Nieves Herrero

Xornalista e escritora madrileña, licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense e en Dereito pola Universidade Europea, con estudos de Criminoloxía. Leva décadas traballando en prensa, radio e televisión, e conta cos principais premios da profesión. É autora dos supervendas Lo que escondían sus ojos, cuxa adaptación televisiva bateu rexistros de audiencia e obtivo un Premio Ondas; Como si no hubiera un mañana, premio da crítica de Madrid; Carmen, que permaneceu durante sesenta semanas entre os libros históricos máis vendidos; Esos días azules, El joyero de la reina, La Baronesa e Luna roja. La prometida é a súa novela máis recente.

Sábado 28 · 12:00 · «Entre a noticia e a novela» →

Programa

As conversas

Formato de todas as sesións: 50 minutos de conversa e 10 minutos de preguntas do público. Sinatura de libros ao rematar cada xornada.

Xoves 26 de novembro
17:30 – 18:30

A xeografía do segredo

Arantza Portabales · Modera Óscar Doviso

«A xeografía do segredo» é a conversa de Ourense Black 2026 do xoves 26 de novembro de 2026, de 17:30 a 18:30 horas. Arantza Portabales, en conversa con Óscar Doviso. A partir de Asesinato en el Molino del Cura, segunda entrega de Os crimes de Loeiro: unha matanza en 1984 e o regreso dunha muller coa memoria fragmentada reabren un crime soterrado no silencio dunha comunidade. Psicoloxía do crime, segredos familiares e a forza do territorio galego cando deixa de ser escenario para converterse en identidade.

Cuberta de «Asesinato en el Molino del Cura»
Xoves 26 de novembro
18:30 – 19:30

Do papel á pantalla

Manuel Ríos San Martín e Manel Loureiro · Modera Amalia Enríquez

«Do papel á pantalla» é a conversa de Ourense Black 2026 do xoves 26 de novembro de 2026, de 18:30 a 19:30 horas. Manuel Ríos San Martín e Manel Loureiro, moderados por Amalia Enríquez, falarán sobre a adaptación das súas novelas ao cinema e á televisión. Como se transforma unha novela nunha obra audiovisual. Ríos San Martín reflexionará sobre a adaptación de La huella del mal, dirixida por el mesmo, e sobre o seu último lanzamento, No te fíes de ellos. Loureiro falará de Apocalipsis Z en Prime Video, da segunda entrega, Un nuevo mundo e da súa novela máis recente, Antes de que todo cambie. A sesión incluirá a proxección dun tráiler.

Cuberta de «La huella del mal»Cuberta de «No te fíes de ellos»Cuberta de «Apocalipsis Z. Los días oscuros»Cuberta de «Antes de que todo cambie»
Venres 27 de novembro
17:30 – 18:30

As sombras do crime organizado

Mabel Lozano e Reyes Vargas · Modera Ruth Nóvoa

«As sombras do crime organizado» é a conversa de Ourense Black 2026 do venres 27 de novembro de 2026, de 17:30 a 18:30 horas. Mabel Lozano (Ava) y Reyes Vargas (La herida invisible), moderadas por Ruth Nóvoa, dialogan sobre a explotación, a violencia e a responsabilidade de narralas. Ava, de Mabel Lozano, segue a historia dunha moza vulnerable que cae nas mans dun novo perfil de proxeneta. La herida invisible, de Reyes Vargas, arranca cun cadáver mutilado no anfiteatro de Itálica. Dúas miradas sobre a explotación, a vulnerabilidade, a vítima e a responsabilidade ética de narrar a violencia.

Cuberta de «Ava»Cuberta de «La herida invisible»
Venres 27 de novembro
18:30 – 19:30

O oficio de contar o crime

Luis García-Rey · Modera Silvia Pardo Domínguez

«O oficio de contar o crime» é a conversa de Ourense Black 2026 do venres 27 de novembro de 2026, de 18:30 a 19:30 horas. Luis García-Rey presenta Chantaje, terceira novela da súa triloxía, nunha conversa con Silvia Pardo Domínguez. Arredor de Chantaje, terceira novela do autor: a desaparición dunha moza conduce os policías Axel Nash e Loor cara a unha trama de corrupción, trata e abuso de poder. Como se documenta unha historia criminal, como se crean personaxes verosímiles e como a experiencia xornalística alimenta a tensión da ficción.

Cuberta de «Chantaje»
Sábado 28 de novembro
12:00 – 13:00
Clausura

Entre a noticia e a novela

Nieves Herrero · Modera Luis García-Rey

«Entre a noticia e a novela» é a conversa de Ourense Black 2026 do sábado 28 de novembro de 2026, de 12:00 a 13:00 horas. Nieves Herrero (La prometida) y Luis García-Rey (Chantaje) pechan o festival falando de xornalismo e ficción. La prometida, de Nieves Herrero, entrelaza a investigación dunha desaparición coa relación entre Fabiola de Mora y Aragón e o rei Balduíno no Madrid e o París de 1959. Fronte a ela, Chantaje traslada esa exploración do poder ao presente. Dous xornalistas e escritores reflexionan sobre a documentación, as fontes, a memoria, a realidade e a ficción.

Cuberta de «La prometida»
Descargar programa (PDF) Engadir ao calendario

Formato e experiencia do público

Unha conversa accesible e dinámica, cara a cara con quen escribe.

01

Diálogo con autores

Breve presentación, 50 minutos de conversa guiada e 10 minutos de preguntas do público. Sinatura de libros ao remate de cada xornada.

02

Clubs de lectura e territorio

Unha iniciativa dirixida especialmente á participación dos clubs de lectura da provincia de Ourense.

03

Librarías locais

Venda das obras dos participantes na sede do festival, coa colaboración das librarías da cidade.

Moderan

Conducen a conversa

Cinco xornalistas e creadores vinculados a Galicia e ao mundo do cine e da prensa conducen as conversas: coñecen os autores e coñecen o público.

Óscar Doviso
Xoves 26 · 17:30

Óscar Doviso

Director, produtor e guionista audiovisual

Ourense, 1978. Vinculado ao cinema desde a súa mocidade, desenvolveu proxectos de ficción para cine e televisión. Director artístico do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia (RiR) desde 2018 e do Ourense Film Festival (OUFF) desde 2025.

Modera «A xeografía do segredo»
con Arantza Portabales →
Amalia Enríquez
Xoves 26 · 18:30

Amalia Enríquez

Xornalista e comunicadora

Especializada en divulgación cinematográfica e cultural. Membro da Academia de Cine e da Academia da Televisión, e xurado votante dos Premios Óscar e dos Forqué. Dirixe Red Carpet Films e traballou para TVE, Antena 3, TVG, Movistar+, COPE e a revista dixital The Luxonomist.

Modera «Do papel á pantalla»
con Manuel Ríos San Martín e Manel Loureiro →
Ruth Nóvoa
Venres 27 · 17:30

Ruth Nóvoa

Xornalista · Delegada de La Voz de Galicia

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Pontificia de Salamanca. Con experiencia en radio e televisión, desenvolveu a súa traxectoria en La Voz de Galicia, onde exerce como delegada na provincia de Ourense desde 2012.

Modera «As sombras do crime organizado»
con Mabel Lozano e Reyes Vargas →
Silvia Pardo
Venres 27 · 18:30

Silvia Pardo

Xornalista · Responsable de Comunicación de Expourense

Licenciada en Xornalismo pola USC e á fronte da comunicación de Expourense desde hai vinte anos. Lectora compulsiva de novela negra española, e galega en particular; goza coas investigacións policiais ben construídas e con personaxes femininos poderosos á fronte.

Modera «O oficio de contar o crime»
con Luis García-Rey →
Luis García-Rey
Sábado 28 · 12:00

Luis García-Rey

Xornalista e escritor

Máis de vinte anos de televisión en directo, entre Deportes Cuatro, Telecinco e El Partidazo da COPE, e tres novelas negras, entre elas a gañadora do Premio Primavera 2024. Autor na sesión do venres, o sábado cambia de cadeira para conversar con Nieves Herrero sobre o que o xornalismo e a novela se prestan mutuamente.

Modera «Entre a noticia e a novela»
con Nieves Herrero →

A sede

Centro Cultural Marcos Valcárcel

Todas as conversas teñen lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación de Ourense, en pleno centro da cidade. Entrada libre ata completar aforo; recoméndase reservar praza.

Centro Cultural Marcos Valcárcel

Deputación de Ourense · Rúa do Progreso, 30 · 32003 Ourense

Como chegar →
Xoves 2617:30 – 19:30 · sinatura de libros ao rematar
Venres 2717:30 – 19:30 · sinatura de libros ao rematar
Sábado 2812:00 – 13:00 · sinatura de libros e clausura

Preguntas frecuentes

O que convén saber antes de vir

Cando e onde se celebra Ourense Black 2026?

Ourense Black 2026 celébrase os días 26, 27 e 28 de novembro de 2026 en Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30). Todas as conversas teñen lugar nesa mesma sede.

Hai que pagar entrada?

Non. A entrada a todas as conversas de Ourense Black 2026 é libre e gratuíta ata completar o aforo. Recoméndase reservar praza nesta web.

Canto dura cada sesión e en que consiste?

Cada sesión dura unha hora: unha breve presentación, uns 50 minutos de conversa guiada cos autores e 10 minutos de preguntas do público.

Asínanse libros?

Si. Ao remate de cada xornada, os autores asinarán exemplares. As librarías de Ourense, a través da Agrupación Provincial de Libreiros, venderán as obras dos participantes na propia sede.

Que autores participan?

Participan Arantza Portabales, Manuel Ríos San Martín, Manel Loureiro, Mabel Lozano, Reyes Vargas, Luis García-Rey e Nieves Herrero, en cinco conversas repartidas ao longo de tres días.

Quen organiza Ourense Black?

Ourense Black é un festival de novela negra promovido pola Deputación Provincial de Ourense e dirixido e producido por Analogías Gestión Cultural. A edición de 2026 é a primeira, con vocación de continuidade.

Poden asistir clubs de lectura ou grupos?

Si. Ourense Black 2026 é unha iniciativa dirixida especialmente á participación dos clubs de lectura da provincia de Ourense, que poden asistir en grupo e reservar praza a través da web.

Reserva a túa praza

A noite
máis escura

A entrada é libre ata completar aforo. Escolle as túas sesións e recibe as entradas por correo.

Sen custo · Despois enviarémosche un correo que terás que confirmar para recibir as túas entradas

Reserva a túa praza

Importante: ao enviar o formulario recibirás un correo para confirmar a túa reserva. Ese primeiro correo non contén as túas entradas. Tes que premer en «Confirmar mi reserva» (o correo chega en castelán) nas 48 horas seguintes; entón enviarémosche as entradas con QR. Se non confirmas, a praza libérase.

Promove

Deputación Ourense Centro Cultural Marcos Valcárcel · Deputación Ourense

Produce

Analogías Gestión Cultural

Colaboran

Raíz Libreiros de Ourense — Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense